RADIO "PONCHOSVERDES.FM"

domingo, 20 de septiembre de 2015

Activista gallego denuncia agresión homofóbica en la Festa do Avante

Por Sermos Galiza



0
Asegura haber sido golpeado y expulsado del recinto por parte del servicio de apoyo de la fiesta después de besarse con otra persona.
O PCP nega unha “postura homófoba” e sinala nun comunicado de imprensa que a dirección do Avante intervirá de se confirmar “calquera acto individual” que se afaste dos principios que rexen a festa.
Carlos R. (nome ficticio) denunciou perante a Polícia de Segurança Pública de Lisboa agresións pretensamente sufridas durante a Festa do Avante na Quinta da Atalaia, Amora (Seixal). Segundo este activista galego, quen explicou en conversa conSermos Galiza os acontecementos, el e un outro compañeiro atopábase no interior do recinto da festa, o sábado 5 de setembro, cando o servizo de apoio do Avante se achegou a eles nunha “furgoneta negra”.
“Dixéronnos que eramos uns porcos” porque se estaban a bicar “e que tiñamos que facelo fóra”, asegura Carlos R. quen se dirixiíu aos integrantes do servizo para lles preguntar –cun ton “chulo”, recoñece– se “hai algunha lei en Portugal que prohiba o amor entre dous homes”.
Pola súa banda, através dun comunicado de imprensa, o PCP sinala que a intervención do servizo de apoio e a “saída das persoas do recinto tivo orixe nun acto de sexo oral [practicado] en pleno espazo público”.
Sexa como for, segundo o relatado polo activista galego perante a Polícia de Segurança Pública portuguesa –como se recolle na denuncia á que tivo acceso Sermos Galiza— o servizo de apoio “colleume das mans por detrás, inmobilizáronme, déronme unha patada nos pés para me tirar ao chan e puxéronme a bota riba das costas”.
Neste senso, sinala Carlos R. en conversa con este medio, eran “no mínimo 6 persoas” que procederon a sacalo do recinto no que decorre a festa. Fóra xa do valado, afirma, “saquei o móbil para identificar a matrícula” do vehículo no que foi trasladado e, ao decatárense disto os integrantes do servizo de apoio voltaron cara a el.
“Metéronme no vehículo, vendáronme os ollos e puxéronme a cabeza entre as pernas mentres me batían nas costas”, asegura ao tempo que lle “apertaron o pescozo cunha corda”, segundo recolle a denuncia.
“Tiráronme fóra” do vehículo “nun monte” e alí “quitáronme os pantalóns para coller o teléfono móbil” mentres lle proferían insultos homófobos como “paneleiro” e lle batían nas costas con patadas.
“Eu non me movía, teño rabuñaduras nas mans”, afirma. Após conseguiren acceso ao seu teléfono para proceder a borrar as fotografías que tirara no cerco da festa, “quitáronme a venda e a corda que tiña no pescozo, e marcharon”.
O acontecido, que foi denunciado perante a policía portuguesa, “non é un caso illado”, denuncia Carlos facendo referencia a un “expediente” achegado pola propia policía.
Porén, desde o gabinete de imprensa do Partido Comunista Portugués (PCP), organizador da Festa do Avante, desmenten “a afirmación e sustentación da intervención dos servizos de apoio da Festa do Avante porque dúas persoas do mesmo sexo se estivesen a bicar”.
Neste senso, o PCP nega ter unha “postura homófoba” e salienta que a actitude da formación comunista é “de respeito integral pola orientación sexual quer dos seus militantes quer, por máis razón, da inmensa masa humana que connosco convive e participa” nun “espazo de liberdade e solidariedade” como, defenden, é a Festa do Avante.
Así as cousas, nun primeiro comunicado o PCP sinala que “calquera acto individual que se afaste destes principios terá a debida intervención da Dirección da Festa” referíndose ás medidas que podería adoptar de se confirmar a agresión sufrida por Carlos R.

No hay comentarios.:

Publicar un comentario